Novas

VILANOVA ACOLLERÁ ESTE VENRES E SÁBADO ACTIVIDADES DE CIRCO E TEATRO

Este venres e sábado haberá espectáculos de circo e teatro en Vilanova de Lourenzá. O venres actuará Circo Chosco e o sábado terá lugar a representación de Memorias das Memorias dun Neno Labrego a cargo de Cándido Pazó.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “este venres, día 8, ás oito e media da tarde na Praza do Conde Santo, temos a actuación de Circo Chosco co espectáculo Forzu2. É unha mestura de teatro, de circo, maxia e moito humor, dentro do programa Vive o Camiño, da Xunta de Galicia”.

AUTORES DESCOÑECIDOS CAUSARON NA PASADA NOITE NUMEROSOS DANOS EN INMOBLES E VEHÍCULOS MUNICIPAIS E NO CENTRO DE SAÚDE

Lourenzá, 29 de xuño de 2016. Autores descoñecidos causaron durante a pasada noite numerosos danos en inmobles e vehículos municipais e no centro de saúde de Lourenzá. A alcaldesa, Rocío López, que denunciou os feitos hoxe no cuartel da Garda Civil de Mondoñedo, pide máis presenza policial no concello e tamén colaboración veciñal para intentar saber quen é o autor ou autores destes feitos. Os danos causados nos edificios ascenden a 5.500 euros e faltan por valorar os estragos ocasionados nos vehículos.