Novas

O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA MENIÑOS CELEBROU O ENTROIDO CUN DESFILE E UNHA MERENDA.

Lourenzá, 8 de febreiro de 2016. O punto de atención á infancia (PAI) Meniños, de Lourenzá, celebrou o Entroido cun desfile e unha merenda.

Os nenos e nenas disfrazáronse de poliños e fixeron un percorrido dende o seu centro ata as instalacións do CEIP Juan Rey e despois participaron nunha merenda no PAI.

A estes actos asistiu o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.