Novas

A CONCELLERÍA DE CULTURA ORGANIZA UNHA TARDE DE XOGOS PARA NEN@S A PARTIR DE 5 ANOS O 10 DE FEBREIRO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

A Concellería de Cultura de Lourenzá organiza para a tarde do día 10 de febreiro, mércores, unha xornada de xogos de mesa onde os nenos e nenas a partir de 5 anos de idade poderán gozar dende as 17 horas con parchís, oca, futbolín, etcétera. Así mesmo levarase a cabo un orixinal xogo de bingo con premios moi interesantes.

Esta actividade está dirixida ós nenos e nenas a partir dos 5 anos e preténdese que os participantes pasen unha tarde das vacacións de Entroido entretida .

AS ACTIVIDADES DE NADAL INCLÚEN UN ESPECTÁCULO DE MONICREQUES, A VISITA DE PAPÁ NOEL, UNHA VIAXE A XUVENLUGO E A CABALGATA DE REIS, ENTRE OUTRAS PROPOSTAS

A programación das actividades organizadas polo Concello de Lourenzá para este Nadal arranca este venres, día 18, ás 15:20 horas cunha actuación de Títeres Cascanueces no colexio público Juan Rey.

Xa partir da vindeira semana bota a andar a Escola de Nadal impartida por persoal do Ximnasio Municipal con actividades dirixidas aos máis novos.