Novas

O CONCELLO CONVOCA UN PROCESO DE SELECCIÓN PARA CUBRIR UN POSTO DE INTERINIDADE DE MESTRE PARA O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA MUNICIPAL

O Concello de Lourenzá convoca un proceso de selección para a cobertura dun posto de interinidade, por enfermidade e maternidade, de mestre en educación infantil para o Punto de Atención á Infancia do Concello de Lourenzá a tempo completo.

Para optar a este posto é requisito indispensable estar anotado no Servizo Público de Emprego de Galicia antes deste venres, 4 de setembro, e estar en posesión da Diplomatura en Maxisterio na Especialidade de Educación Infantil.

A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRARÁ UN PLENO EXTRAORDINARIO ESTE XOVES NO QUE SE TRATARÁ A TARIFA PARA OS POSTOS QUE SE INSTALEN NO MERCADO DOMINICAL, QUE SE RECUPERARÁ DESPOIS DE CATRO DÉCADAS SEN CELEBRARSE

A corporación municipal de Lourenzá celebrará un pleno extraordinario este xoves, día 27 de agosto, ás 20:30 horas, sesión na que se tratará a aprobación da tarifa que deberán pagar os postos que se instalen no mercado dominical, evento que se recuperará despois de catro décadas sen celebrarase.

O CONCELLO PECHARÁ ENTRE OS DÍAS 26 E 31 DE AGOSTO VARIAS RÚAS DE VILANOVA DEBIDO ÁS FESTAS DO CONDE SANTO

O Concello de Lourenzá pechará entre os días 26 e 31 deste mes de agosto, por mor das Festas Patronais do Conde Santo, diversas rúas de Vilanova.

O venres 28 pecharanse a partir das 15 horas as rúas Fernández del Riego, Muíño do Frade e Secretario Luis Iglesias. O sábado 30 de agosto a partir das 9 horas non se poderá circular pola Travesía da Mariña, por Avelino Montero Villegas, Paseo de Oya nin por un tramo da Avenida de Mondoñedo (ata a confluencia coa Avenida do Val).

COA CONVOCATORIA DO 19º CONCURSO FOTOGRÁFICO FESTA DA FABA COMEZAN AS ACTIVIDADES PREVIAS AO FESTEXO, QUE SE CELEBRARÁ DO 2 AO 4 DE OUTUBRO

O Concello de Lourenzá convocou a 19ª edición do concurso fotográfico Festa da Faba. Deste xeito comezan as actividades previas ao festexo, que se celebrará os días 2,3 e 4 de outubro.

O certame de fotografía ten un tema libre, coa única condición de ser imaxes representativas e recoñecibles da zona de produción da Faba de Lourenzá. O premio para a mellor serie de fotos é de 500 euros. Cada concursante poderá presentar un máximo de 6 imaxes e un mínimo de 4. O prazo de presentación remata o día 21 de setembro.

INICIADAS AS OBRAS DUNHA ESCOLLERA NO LUGAR DA TILLEIRA (LOURENZÁ) TRAS OS DANOS PRODUCIDOS POLA CHOIVA A FINAIS DE 2014. FORON SUPERVISADAS POLA ALCALDESA, ROCÍO LÓPEZ

Lourenzá, 10 de agosto de 2015. A Xunta de Galicia iniciou as  obras de construción dunha escollera que permitirá mellorar os accesos ao lugar da Tilleira, na parroquia de Santa María. As choivas caídas no termo municipal de Lourenzá o pasado mes de decembro de 2014 fixeron que o talude desta estrada se desprendese  e a vía  que da acceso ao barrio da Tilleira quedase case totalmente descolgada,  o que supoñía un perigo para vehículos e viandantes, explicou a alcaldesa, Rocío López.