A IGREXA PARROQUIAL DE LOURENZÁ ACOLLERÁ UN CONCERTO DE VIOLÍN E PIANO A CARGO DO DÚO METAMORPHOSES ESTE SÁBADO
Este sábado, 17 de outubro, ás 18:30 horas o dúo Metamorphoses ofrecerá un concerto de violín e piano na igrexa parroquial de Vilanova de Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “interpretarán obras de Bach, Brahms e Lizst, entre outros. Este concerto enmárcase no programa Concertos polo Camiño do Norte de O Teu Xacobeo polos Camiños de Santiago, que teñen lugar en localidades do Camiño que son final de etapa”.