LOURENZÁ DEDICA UNHA XORNADA Á PINTORA JULIA MINGUILLÓN E EXPÓN NAS RÚAS REPRODUCIÓNS DE OBRAS SÚAS. ESTAS ACTIVIDADES ESTÁN ORGANIZADAS POLO CONCELLO E A ASOCIACIÓN PATRIMONIO LAURENTINO
O Concello de Lourenzá e a asociación Patrimonio Laurentino organizan unha xornada dedicada á pintora Julia Minguillón, artista que estivo moi vinculada ao municipio. Será o día 28 deste mes, sábado, ás 18:00 horas no mosteiro de San Salvador, onde haberá unha charla na que intervirán a directora do Museo Provincial de Lugo, a museóloga Aurelia Balseiro García, e María Fidalgo Casares, que é doutora en Historia do Arte e membro da Academia Andaluza de Historia.