Novas

Novas do Concello

A SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAL ACOLLE MAÑÁ, MÉRCORES, A PRESENTACIÓN DUN DOCUMENTAL E DUNHA MOSTRA SOBRE ARQUEOLOXÍA SUBACÚATICA

Lourenzá, 28 de decembro de 2021. Na Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá terá lugar mañá, mércores, ás 19:00 horas a presentación dun documental e dunha mostra titulados Proxecto Argos. Memoria e patrimonio baixo a Ría.

Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá, a Asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha, de Ribadeo, e o grupo de investigación Áncora.

LAURA RIVAS IGLESIAS, DE 9 ANOS, É A GAÑADORA DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO CONCELLO

O Concello de Lourenzá escolleu a postal coa que vai felicitar as festas navideñas. A autora é Laura Rivas Iglesias, de 9 anos, que recibirá como premio 100 euros e un trofeo.

O xurado tamén decidiu conceder un accésit á postal presentada por Aldara Rexes Cupeiro, de 4 anos, que recibirá un lote de material didáctico.

Os premios serán entregados mañá, xoves, durante a recepción de Papa Noel, que terá lugar nos baixos do Concello de 17 a 19 horas.

PAPÁ NOEL VISITARÁ LOURENZÁ ESTE XOVES, DÍA 23, ACOMPAÑADO POLA MÚSICA DA ASOCIACIÓN CULTURAL OSORIO GUTIÉRREZ

Papá Noel visitará Lourenzá este xoves, 23 de decembro, acompañado pola música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que Papá Noel “recibirá aos nenos e nenas laurentinas nos baixos do Concello de 17 a 19 horas. Previamente visitará o Centro de Día e irá acompañado da música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, que reaparece despois do parón obrigado pola pandemia”.

LOURENZÁ ACOLLE AS XORNADAS NOVEMBRO CULTURAL, QUE CONSISTEN NA PRESENTACIÓN DE 4 LIBROS. A PRIMEIRA DELAS SERÁ ESTE SÁBADO, DÍA 6, NO PAZO DE TOVAR

A asociación Patrimonio Laurentino, en colaboración co Concello de Lourenzá, organiza as xornadas Novembro Cultural, que consisten na presentación de 4 libros durante este mes. A primeira delas será este sábado, día 6, ás 19:00 horas no Pazo de Tovar, onde a maxistrada da Sala do Social do TSXG Isabel Olmos Pares presentará a súa obra No duerme nadie.

Distribuir contido