Novas

Novas do Concello

MEDIO CENTO DE SENDEIRISTAS PARTICIPARON NA ANDAINA POLA RUTA DA AUGA DE GUITIRIZ ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ

Este pasado fin de semana, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, organizou unha andaina pola Ruta da Auga de Guitiriz, na que participaron medio cento de sendeiristas. Os participantes percorreron 15 km ao son dos ríos Parga e Landroil en algo máis de tres horas aproximadamente. Tratouse dun paseo pola natureza, historia, literatura e etnografía do fermoso concello de Guitiriz. É un sendeiro sen desniveis e de dificultade baixa, polo que os participantes remataron a ruta sen problema ningún.

A CHARLA SOBRE O TRAZADO DO CAMIÑO DE SANTIAGO NO MUNICIPIO SERÁ O VINDEIRO MARTES, DÍA 22, ÁS OITO DA TARDE. CONFIRMOUNO O SUBDIRECTOR XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL QUE PARTICIPARÁ NO ACTO. TRAS A XUNTANZA O CONCELLO PREPARARÁ AS ALEGACIÓNS Á DELIMITACIÓN

Lourenzá, 16 de outubro de 2013. A charla informativa sobre o trazado do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio de Lourenzá, organizada polo Concello, será o vindeiro martes, día 22 de outubro ás oito da tarde. Confirmoullo hoxe á alcaldesa, Emma Álvarez Chao, o subdirector xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Juan Naveira, que participará no acto. Despois da reunión o Concello preparará as alegacións á delimitación.

O CONCELLO E A DIÓCESE INSTALARON UN SISTEMA PARA ESCORRENTAR AS POMBAS DA FACHADA DA IGREXA DE SANTA MARÍA DE VALDEFLORES. DESPOIS LIMPARÁN OS EXCREMENTOS DESTAS AVES SEGUINDO AS DIRECTRICES TÉCNICAS DE PATRIMONIO

Lourenzá, 15 de outubro de 2013. O Concello de Lourenzá e a Diocese Mondoñedo-Ferrol instalaron un sistema para escorrentar as pombas da fachada da igrexa de Santa María de Valdeflores, onde despois limparán os excrementos destas aves seguindo as directrices técnicas de Patrimonio.

O EQUIPO ALEVÍN FEMININO ROZA O PODIUM NO GALEGO DE ATLETISMO

No cto. Galego por equipos disputado en O Barco de Valdeorras, o equipo Alevín Feminino rematou en 4ª posición da clasificación xeral nunha categoría onde venceu o equipo Vila de Cangas de Vigo.

As nosas atletas rendiron a un gran nivel, rematando nas seguintes posicións:

 

Aroa Sordo: 60 metros lisos. / 4ª Clasificada.

Ainara Rguez: 500 metros lisos. / 2ª Clasificada.

Ana Vallines: 1000 metros lisos. / 1ª Clasificada

Mencía Martínez-Sierra: 2 kilómetros marcha. / 5ª Clasificada

Distribuir contido