EMMA ÁLVAREZ FAI BALANCE DO SEU PRIMEIRO ANO NA ALCALDÍA, QUE SE CUMPRIU ONTE. DESTACA A PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE DE COLECTIVOS NO MUNICIPIO, OBRAS EXECUTADAS E XESTIÓNS QUE DARÁN OS SEUS FROITOS EN BREVE
Lourenzá, 16 de setembro de 2013. Emma Álvarez Chao fixo hoxe balance do seu primeiro ano na Alcaldía, que se cumpriu onte, día 15 de setembro. Destes doce meses destaca a promoción da actividade que levan a cabo colectivos no municipio, como a renovada asociación de comerciantes, industriais e autónomos, a creación dunha asociación de sendeirismo ou os pasos dados para a constitución da cooperativa comercializadora de faba de Lourenzá.