Novas

Novas do Concello

O campo municipal de Santa Cruz acollerá partidos de categoría cadete do Torneo de Fútbol Base Costa Nova dende hoxe, venres, ata o domingo

Lourenzá, 28 de xuño de 2013. O campo de fútbol municipal de Santa Cruz, en Lourenzá, acollerá partidos de categoría cadete do torneo Costa Nova dende hoxe, venres, ata o domingo.

No campo de fútbol de Lourenzá o primeiro partido do torneo será hoxe ás sete da tarde co enfrontamento entre o Burela FS e o Textil Escudo B. E ás oito xogarán Asti Leku e Textil Escudo B.

A piscina municipal estará aberta dende o vindeiro luns, 1 de xullo, ata o 31 de agosto en horario de 12 a 20 horas. Haberá cursos de natación do 15 de xullo ao 15 de agosto

Lourenzá, 27 de xuño de 2013. O vindeiro luns, día 1 de xullo, comeza a tempada na piscina municipal de Lourenzá, que estará aberta ata o 31 de agosto en horario de 12 a 20 horas. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, que tamén deu a coñecer que haberá cursos de natación do 15 de xullo ao 15 de agosto.

A comisión municipal de goberno acordou sacar de novo a concurso a explotación da cafetería do Centro Social e aprobou as bases para contratar ás 8 persoas que se dedicarán á prevención e extinción de incendios

Lourenzá, 26 de xuño de 2013. Na reunión da comisión de goberno do Concello de Lourenzá celebrada hoxe acordouse sacar a concurso outra vez a explotación da cafetería do centro de servizos sociais, porque na anterior convocatoria quedara deserta. Tamén foron aprobadas as bases para a contratación de 8 persoas que se dedicarán á prevención e extinción de incendios.

O Concello repara os danos causados na madrugada de onte no alumeado público de Vilanova e nos pivotes da ponte sobre o río Baos. A alcaldesa considera que estes estragos rozan o vandalismo, que non está permitido nin na noite de San Xoán

Lourenzá, 25 de xuño de 2013. O Concello de Lourenzá xa está traballando para reparar os danos causados na madrugada do domingo ao luns no alumeado público de Vilanova, que esperan ter restablecido hoxe, e nos pivotes da ponte sobre o río Baos. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, considera que estes estragos rozan o vandalismo, algo que non está permitido aínda que sexa a noite de San Xoán.

A armada de Atletismo toma Guitiriz na súa Popular

Grandes resultados os acadados polos alumn@s das E.D. Lourenzá-Mondoñedo na VIII Guitiriz Termal 2013 este pasado sábado día 22 de xuño.

Categoría Preb Masculino: Brais Díaz. (Prata).

Categoría Preb. Feminino: Carmen García. (Prata).

Categoría Bx. Masculino: Ayoub Khaled (Prata).

Categoría Av. Feminino: Ainara Rguez (Ouro), Ana Vallines(Prata), Claudia Graña(Bronce).

Residentes no lugar de Canedo queren recuperar ese topónimo desaparecido no ano 1996. O goberno municipal fará xestións para intentar conseguilo se a maioría dos veciños están a favor

Lourenzá, 22 de xuño de 2013. Algúns veciños do lugar de Canedo pediron á alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, a recuperación dese topónimo que desapareceu no ano 1996. Por este motivo o goberno municipal fará xestións para intentar conseguilo se a maioría dos veciños están a favor.

Distribuir contido