Novas

Novas do Concello

Exitazo de Clausura Oficial do XX Aniversario do Clube o pasado sábado con 500 comensais!!

O pasado sábado Dª Rocío López remataba o acto poñendo a clausura final dunha temporada que representa o XX Aniversario do Clube; nun acto que ela presidía acompañada do Concelleiro de Deporte Fco. Dasilva e o Presidente do Clube Pablo Maseda; así como os principais patrocinadores Construcciones Augacons, Maderas Barcia, Terras da Mariña, Talleres Cardi, Excavaciones Ramsei e Muebles Huertas.

A directiva rexenera Sta. Cruz así como o bar do campo.!!!

A directiva traballa estos días na rexeneración do terreo de xogo de Sta. Cruz así como no bar do campo. No campo de fútbol a misión principal é a da recuperación das áreas así como unha escarificación do resto do terreo, aínda que esta temporada é un ano no que o campo non sufríu moito debido a ter o campo anexo de Sta. Cruz para adestrar e para disfrutar encontros de categorías inferiores.  No bar do campo o chan xa conta con plaqueta que poderán disfrutar os socios e aficionados unha vez comence a nova tempada 2016/2017.

CRÓNICA DUNHA PROEZA ANUNCIADA: "Nova xesta heroica das Balas que coroa ó Maderas Barcia Lourenzá como un dos mellores clubs de Galicia de base do atletismo galego"

Ainara Rguez Ares: CAMPIONA GALEGA DE 500 LISOS INFANTIL. SUBCAMPIONA GALEGA DE 150 LISOS

Nova proeza de Ainara unha vez máis. A raíña de Galicia do medio fondo volvía a coroarse unha vez máis Campiona galega en 500 lisos ó aire libre cunha marca estratosférica de 1,20,28 baixando en 2 segundos a súa mellor marca pesoal. Por detrás entrarían Lucía Portela(A. Tui) e Antía Castro (Ourense Atletismo).

21 BALAS SON ADMITIDAS POR MARCA NO CTO. GALEGO DE MENORES QUE TERÁ LUGAR MAÑÁ NO BARCO DE VALDEORRAS. VAMOS!!!

Éstes son os nosos representantes:

ATLETAS ADMITI@DS CTO. GALEGO O BARCO

Aleix Díaz: Semifinal de 80 e final directa de 500.

Ian Méndez. Final en 2000.

Manu Rguez. Final en 2000.

Aarón Millares. Salto de altura benxamín.

David Mtnez. Saltao de altura alevin.

Fernando Vallines. Nas finais de xabalina e peso.

Iria Rugez. Semifinais de 50 lisos e final directa en 500.

Ainara Rugez. Finais de 150 e 500.

Aroa Glez. Final de 500.

Henar Méndez . Final de 500 e lonxitude.

Mariña Salvatierra. Final en 1000 lisos

O vindeiro sábado día 18 de xuño e coincidindo coa Clausura Oficial da Temporada presentaremos o Himno Oficial do XX Aniversario das Escolas

Ten unha duración de 3 minutos e medio aínda que tamén teremos unha versión corta de 1 minuto e medio así como unha versión instrumental. No mesmo lémbrase o ano de fundación do clube así como se mencionan ó longo do mesmo as distintas seccións deportivas que compoñen as Escolas.

A partir do 18 de xuño e unha vez sexa presentado aloxarase nas distintas redes sociais do clube para que poda ser descargado por todos os socios simpatizantes e público en xeral.

 

Éstas son as Balas Cadete e Xuvenil do Maderas Barcia Lourenzá que nos representan este fin de semana no Galego Cadete e Xuvenil de Pista!!!

Mañá sábado en Ferrol e o domingo en Vigo(Balaídos) os atletas cadetes e xuvenís con marca mínima para os ctos. representarannos no galego cadete e xuvenil

Estas son as balas do fin de semana:

SÁBADO, GALEGO CADETE EN FERROL.

Bruno Santos na final de lanzamento de martelo(11,00 horas)

Claudia Graña na semifinal de 100 valados (17,30 horas)

Distribuir contido