Acudíamos o pasado fin de semana a Narón(Ferrol) con motivo da 1ª cita en pista co XVI Trofeo Cidade de Narón en Xogo.
Sorpresa que nos daba Fer Vallines con un lanzamento por encima dos 10 metros (10,28) co que alcanzaba o título na categoría infantil, seguido por Angel García (7,46) e de Brais Díaz(6,65). Completaba a súa actuación Fer participando nos 60 lisos co que lograba con un 9,58 ser 2º de serie e 6º da xeral.
Ademáis tivemos a representación de Henar, Ian Méndez e Ana Vallines.
Henar Méndez nos 60 lisos, 5ª da xeral cun un 10,52 e boa actuación nos 500 con unha 6ª posición e un 1,45,57.