Novas
A sección de Atletismo, en múltiples frentes con resultados extraordinarios unha vez máis
A sección feminina das Balas de atletismo conquistou a popular de Monforte!!! Triunfo de Manu Rguez. en Asturias (Arenas de Cabrales). Estivemos na Camovi con Carmen e Xana e Aleix, Ainara e Ana no control cadete en Asturias!!!
Monforte Popular:
Pleno total do equipo desprazado a Monforte o pasado domingo.
Título en categoría alevín feminina para Iria Rguez., Título en categoría infantil para Mariña Salvatierra e subcampionato para súa irmá Uxía e título, un máis para Ainara Rguez. en cadete feminino!!!
Arenas de Cabrales:
Ainara e Iria Rguez. suman un novo título ó seu palmarés:III Carreira da Augardente de Portomarín conquistada!!!
A CONCELLERÍA DE CULTURA PROGRAMA UNHA ACTUACIÓN DO CANTAUTOR MANOELE DE FELISA PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO ESTE XOVES, DÍA 20
A Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá programa unha actuación do cantautor Manoele de Felisa para conmemorar o Día do Libro este xoves, día 20 de abril.
A actividade está destinada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e terá lugar ás 12 horas no Salón de Actos do Concello. Trátase de achegar á infancia o mundo da poesía musicalizada da man do cantautor galego Manoele de Felisa.
Resultados Lourenzá en Xogo 2017. Acto Clausura con vencedores
TRECE NEN@S PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS POLA CONCELLERÍA DE XUVENTUDE PARA ESTAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA
Lourenzá, 12 de abril de 2017. Trece nenas e nenos participan nas actividades programadas polo Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Xuventude, para estas vacacións escolares de Semana Santa.
As balas deslumbrando de novo!!! Cto. Galego de 1000 en Ruta!!! Cae un novo título autonómico...
Onte no galego de 1000,
Ainara: Campiona Galega de 1000 cadete. 1ª con 3,20. Ana: 4ª (3,22)
Henar: subcampiona galega de 1000 benxamín. 2ª con 4,07
Iria: subcampiona galega de 1000 alevín(3,40) Diana: 4ª.(3,44)
Toda a expedición desprazada:
alevin: Iria 2, Diana 4, Carmen 9ª.
Infantil: Carme 9, Marta 25 ,Mariña 10 ,Uxía 14,
cadete: Ainara 1 , Ana 4, Aleix 6º
benxamín: Henar 2
xuvenil: Pablo Irimia 5º
Todos os resultados:
Presentación XIII Edición Lourenzá En Xogo 2017
O Concello de Lourenzá e as Escolas Deportivas tenen o pracer de convidal@ ó acto de presentación do evento que terá lugar en Lourenzá o vindeiro venres día 7 de Abril ás 19:00 horas na Praza Conde Santo, con motivo da XIII Edición do Torneo Internacional Lourenzá en Xogo 2017.
No acto que estará presidindo a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López darase a coñecer o cartel desta edición así como o calendario de competición nunha edición histórica!!!
A CONCELLERÍA DE XUVENTUDE ORGANIZA DOUS PROGRAMAS DE ACTIVIDADES PARA ESTA VINDEIRA SEMANA SANTA
A Concellería de Xuventude de Lourenzá organiza dous programas de actividades para esta vindeira Semana Santa. Vanse desenvolver concretamente os días 10, 11, 12 e 17 deste mes.
Unha das iniciativas está destinada a nenos e nenas de entre 2 e 12 anos e inclúe actividades como manualidades ou cociña. E a outra é un curso de cociña para rapaces de máis de 12 anos. Todos os interesados en participar poderán apuntarse na Biblioteca Municipal de Lourenzá ata o vindeiro venres día 7 de abril.
Varios atletismo
1)As balas femininas do Maderas Barcia Lourenzá conquistan a milla nocturna de Mugardos. Triunfos de Emma García en benxamín, Carmen García en alevín e Ana Vallines en cadete. Ademáis, doblete para Ana Vallines en A Coruña na Carreira da Torre de Hércules.
Resultados:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- …
- seguinte ›
- última »