Novas

Novas do Concello

AS RAPAZAS DE JUAN NÉCEGA SUB-22, SUBCAMPIONAS GALEGAS!!!

PLANTILLA DE XOGADORAS SUB-22:

ROCIO Varela

TAMARA Montero

SARA CUIÑA

ANDREA VIADOR

YANA botana

Elena VALIN

UXIA Carreira

Ana PEDROUZO

Margarita Moreira

Ana Fernández

 

Primeira Ronda victoria contra maristas de coruña e contra ARXIL de Pontevedra.

Na segunda ronda contra PELETEIRO e Pío XII e gañamos os dous (ambos de Santiago de Compostela)

Na ultima contra celta de Vigo perdimos mermados polas baixas de ROCIO VARELA e SARA CUIÑA.Crónicas dos partidos.

 

A FOCENSE ROSALÍA RGUEZ. SUBCAMPIONA GALEGA DE 400 VALADOS XUVENIL

O pasado domingo os atletas subvenís acudían ó Cto. Galego nas Pistas Universitarias de Elvira (A Coruña) destacando o resultado da atleta focense do Lucus que adestra dende fai dous meses baixo a disciplina das Escolas Deportivas e que acadaba o subcampionato galego nos 400 valados xuvenil; que a pesar de non estar entre as 3 mellores do ranking baixou en 3 segundos a súa mellor marca persoal para acabar no pódium.

Ademáis, a atleta Carmen L. Diniz obtiña un meritorio 4º posto no triple salto.

O CONCELLO ABRIU O PRAZO DE SOLICITUDE DE PERMISOS PARA CELEBRAR AS FOGUEIRAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO, QUE REMATA O DÍA 19 DESTE MES

O Concello de Lourenzá abriu o prazo de solicitude de permisos para celebrar as tradicionais fogueiras de San Xoan e San Pedro, período que remata o día 19 deste mes.

A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, a través dun bando que fixo público hoxe, explica que cada fogueira deberá ter un ou varios responsables que terán que solicitar o permiso para a mesma nas oficinas municipais.

ROBERTO RAMALLAL COMENDEIRO SEGUIRÁ UN ANO MAÍS Á FRONTE DO PRIMEIRO EQUIPO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS

Roberto Ramallal Comendeiro seguirá un ano maís á fronte do primeiro equipo das Escolas Deportivas despois de lograr esta temporada o ascenso a 1ª autonómica na súa primeira temporada no banquillo laurentino.

Roberto centrará a súa atención a partir deste momento xunto coa directiva das Escolas en renovar á maioría do plantel que esta temporada acadou o ascenso despois dun ano en segundo autonómica; así como buscar algún reforzo que poda apuntalar a plantilla para disputar unha liga tan esixente como a de 1ª autonómica.

RESULTADOS DOS MENORES NA CARREIRA DAS PRAIAS

Ademáis de Alex Villalba que participou na carreira da adultos, os menores que non estiveron no provincial de atletismo (pitufos e cadetes) participaron na das Praias, cos seguintes resultados:

 

Pitufos Masculino:

1 - Fabián Otero

 

Cadete Masculino:

1- Luís López

2 - Pablo Irimia

 

O CONCELLO BUSCA AO PROPIETARIO DUNHA CADELA ABANDONADA QUE APARECEU EN CANEDO

Lourenzá, 18 de maio de 2015. O Concello de Lourenzá busca ao propietario dunha cadela de caza que apareceu abandonada en Canedo, na parroquia de Santo Tomé.

A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que o animal “está coidado e buscamos ao dono por se a cadela se extraviou. En caso de que non apareza o propietario esperamos que haxa algunha persoa que queira adoptala”.

Distribuir contido