Novas
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLERÁ ESTE VENRES O ESPECTÁCULO CÓNTOCHE UN TRAXE, DE MONTSERRAT RIVERA, PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A biblioteca pública municipal de Lourenzá acollerá este venres, día 15, ás 18:30 horas o espectáculo Cóntoche un traxe, a cargo de Montserrat Rivera, para conmemorar o Día das Letras Galegas.
NOVA EXHIBICIÓN DAS ESCOLAS NO FIN DE SEMANA. ATLETISMO!!!
RESULTADOS POPULAR DE CASTROVERDE.- DOMINGO, 10 DE MAIO
Nova xornada de resultados impresionantes das Escolas deportivas.
PREBENXAMÍN – BENXAMÍN MASCULINO:
2 – IAN MENDEZ
PREBENXAMÍN – BENXAMÍN FEMININO:
2- IRIA RGUEZ.
3 – HENAR MENDEZ
ALEVÍN – INFANTIL MASCULINO:
1- NICOLÁS ÁLVAREZ
2- HUGO VILLALBA
3- SAMUEL DEBASA
ALEVÍN – INFANTIL FEMININO:
1 – AINARA RGUEZ
6- VALERIA ÁLVAREZ
CADETE MASCULINO:
2- LUÍS LÓPEZ
CADETE FEMININO:
4 – ARABELA MARTÍNEZ
XUVENIL FEMININO:
OS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS TRAMITAN AS SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO. O PRAZO PARA PRESENTALAS REMATA O 5 DE XUÑO
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá tramita as solicitudes para participar no programa de turismo do Imserso para a tempada 2015/16. O prazo para presentalas remata o día 5 de xuño deste ano.
Os requisitos para poder participar son: “persoas maiores de 65 anos, pensionistas maiores de 60 anos ou pensionistas de viuvez e ter 55 anos; ser titular ou beneficiario do sistema de Seguridade Social con 65 anos cumpridos”.
ISA PICOAGA E A SECCIÓN DE CICLISMO TRIUNFAN NOS 101 PEREGRINOS DE PONFERRADA!!!
Outro ano mais un gran pelotón do ED Lourenza Ciclismo participaba en esta xa mitica proba , que reunia a mais de 1500 participantes na modalidade de btt .
Este ano foi o mellor para o noso club , xa que todos poideron acabar a proba sin percances e Isabel Picoaga López lograba quedar na segunda posición na sua categoría, e traer un chascarrillo para casa . Ademáis Javier Legide (Peixe) remataba como 5ª mellor clasificado de veterano!!!
I EDICIÓN DA INCREÍBLE TOXIZA CLASSIC EXTREME!!!
Este pasado domingo 3 de maio o CLUBE ATLETISMO LOURENZÁ xunto coa comisión de festas de AS SAN LUCAS organizaron a TOXIZA CLASSIC XTREME; unha espectacular carreira de montaña que conseguiu reunir a 63 atletas, procedentes de localidades moi diversas, na praza da catedral de Mondoñedo dispostos a percorrer os montes máis emblemáticos da zona ( A Toxiza, A Pena da roca e a reserva natural de A Fragavella).
O DEPARTAMENTO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS TRAMITA AS SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS ORGANIZADO POLA XUNTA
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá tramita as solicitudes para os interesados en participar no programa Benestar en Balnearios 2015, da Xunta de Galicia.
A ALCALDESA XESTIONOU NA DEMARCACIÓN DE CARRETERAS DEL ESTADO EN GALICIA A CONSTRUCIÓN DUNHA CONEXIÓN ENTRE A ESTRADA PROVINCIAL LU-P-2802 E A N-634 EN ARROXO. TAMÉN SOLICITOU UNHA SOLUCIÓN PARA EVITAR OS DESBORDAMENTOS DO REGO DE RECIMIL
A alcaldesa de Lourenzá, Émma Álvarez Chao, mantivo unha reunión co responsable da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia, Ángel González del Río, na que abordaron a construción dunha conexión entre a estrada provincial LU-P-2802 e a Nacional 634 en Arroxo. Tamén falaron da necesidade de adoptar unha solución para evitar os desbordamentos do rego de Recimil a raíz da construción da autovía A-8.
O PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBOU A MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA PARA RECUPERAR O MERCADO DAS PRAZAS. A ALCALDESA PREVÉ QUE O PRIMEIRO POIDA CELEBRARSE EN XUÑO
O pleno da corporación municipal de Lourenzá aprobou a modificación da ordenanza reguladora da venda ambulante para poder recuperar o Mercado das Prazas. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, prevé que o primeiro desta nova etapa poida celebrarse en xuño.
A FESTA DO MAIO CONTARÁ ESTE VENRES CUN ESPECTÁCULO INFANTIL DE MAXIA, XOGOS E TEATRO, QUE TERÁ LUGAR NA PRAZA DO CONDE SANTO DESPOIS DO TRADICIONAL DESFILE
A Festa do Maio organizada polo Concello de Lourenzá para este venres, día 1, contará nesta ocasión cun espectáculo infantil de maxia, xogos e teatro, que terá lugar na praza do Conde Santo despois do tradicional desfile.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- …
- seguinte ›
- última »
