Novas

Novas do Concello

A ALCALDESA EXPLICA QUE SE SUPRIMIRON AS REDES SOCIAIS MUNICIPAIS PORQUE O CONCELLO TEN QUE SER UNHA INSTITUCIÓN SERIA E RESPECTABLE. NA PÁXINA WEB OFICIAL OS CIDADÁNS PODEN INFORMARSE E FACER CONSULTAS AO GOBERNO LOCAL

Lourenzá, 8 de xullo de 2015. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, explica que se suprimiron as redes sociais municipais porque o Concello ten que ser unha institución seria e respectable e na páxina web oficial os cidadáns poden informarse e facer consultas ao goberno local a través dun buzón de suxerencias. 

O PRIMEIRO EQUIPO DAS ESCOLAS VOLVERÁ A SER DE NACIONAL!

No día de hoxe as Escolas Deportivas fixeron efectivos diante da federación os avais bancarios así como as cuotas de afiliación para sair un ano máis en Categoría Nacional.

No día de hoxe remataba o prazo para a inscripción de equipos, e a partir de mañá saberemos os equipos que formarán parte da liga para a vindeira temporada 2015 2016 en 1ª División Nacional.

O PAVILLÓN VIÑAS DA VEIGA DE MONDOÑEDO ACOLLEU O SÁBADO DÍA 27 DE XUÑO A CLAUSURA DAS ESCOLAS DE LOURENZÁ MONDOÑEDO

O pavillón Viñas da Veiga de Mondoñedo acolleu o sábado día 27 de xuño a clausura das Escolas de Lourenzá Mondoñedo, cunha cea baile onde estiveron máis de 500 comensais. A festa prolongouse ata altas horas, nun gran ambiente deportivo-festivo.

PROTOCOLO CLAUSURA ESCOLAS LOURENZÁ MONDOÑEDO.

PALMARÉS PREMIADOS 2015.

Estiveron presentes na entrega de premios:

- Dª Elena Candia

Distribuir contido