Novas

Novas do Concello

A ALCALDESA CONSIDERA INXUSTA A CENTRALIZACIÓN DOS EXAMES TEÓRICOS PARA O CARNÉ DE CONDUCIR EN LUGO PORQUE SUPÓN UN INCONVENIENTE PARA OS ALUMNOS DA MARIÑA E O DESMANTELAMENTO DUN SERVIZO NA COMARCA

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, considera inxusta a centralización dos exames teóricos para o carné de conducir en Lugo porque supón un inconveniente para moitas das persoas da Mariña que teñan que desprazarse á capital da provincia para facer esa proba.

GRANDES ACTUACIÓNS DE JAVIER PEIXE E ULLRICH BASANTA

Este sábado pasado día 11 de xullo o equipo disputou o Gran Premio "Concello de Oleiros" organizado polo CCCambre, no bosque o lado da playa de Bastiagueiro.

Nesta ocasion acudiron a cita Javier Peixe e Juan Jose Longarela Garcia , peixe fixo unha gran carreira o quedar cuarto en Master 40 nun circuito moi bonito e tamen moi duro , Longarela sigue ca mala sorte e despois de unha caida veuse obligado a abandonar.

INAUGURADAS A ESCOLA DE VERÁN E AS NOITES ALTERNATIVAS PARA O PÚBLICO INFANTIL E XUVENIL

Lourenzá, 14 de xullo de 2015. O Concello de Lourenzá inaugurou as actividades propostas dentro dos programas Escola de Verán e Noites Alternativas, que se desenvolven dende onte ata a primeira quincena do mes de setembro. Estas iniciativas son posibles grazas a un acordo de colaboración subscrito co Ximnasio Municipal e ofertan unha serie de actividades de tempo libre para os rapaces, xogos e obradoiros cos que aproveitar as horas do verán.

O CONCELLO PON UN AUTOBÚS PARA QUE OS VECIÑOS POIDAN PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO QUE TERÁ LUGAR O 17 DE XULLO EN SANTIAGO

Lourenzá, 14 de xullo de 2015. O Concello de Lourenzá poñerá un autobús a disposición das persoas que desexen manifestarse o próximo venres, 17 de xullo, en Santiago de Compostela en defensa do sector lácteo. Os veciños interesados deben anotarse no Concello ata mañá, mércores, día 15 de xullo, “para saber con anterioridade de cantas prazas debemos dispoñer e, no seu caso, se se cubre o número de asistentes mínimo necesario para facer fronte ao gasto”, explicou a alcaldesa, Rocío López García.

CARTA DE JUAN NÉCEGA RODRÍGUEZ A LOURENZÁ!!!

Gracias!!!

Q fácil, verdade? Pois pode parecer que sí, pero non é tanto cando tes tanto que agradecer e tanta xente a quen decirllo porque miras atrás e pensas que a primeira vez que subín na furgoneta tiña 80000 kms e vai para 350000. Eso indica varias cousas; en primeiro lugar que hai que ir buscandolle unha substituta, despois que, son moitos viaxes, moitas ilusións ante cada novo proxecto e moitas caras as que compartimos todo eso para levar o nome de Lourenzá por cada liga.

Distribuir contido