O VIVEIRENSE FRANCISCO LÓPEZ LÓPEZ PROCLAMOUSE GAÑADOR DO XVIII CONCURSO FOTOGRÁFICO DA FESTA DA FABA DE LOURENZÁ
Na tarde de onte, martes 30 de setembro, reuniuse o xurado encargado de elixir o gañador do XVIII Concurso Fotográfico que se enmarca dentro das actividades da Festa da Faba de Lourenzá. Despois de valorar unha ducia de traballos recibidos dende toda Galicia e outras provincias españolas, o xurado decidiu finalmente adxudicar o premio desta edición ao viveirense Francisco López López pola súa serie de seis fotografías denominada A xoia de Lourenzá.