Novas

Novas do Concello

Debido ao mal tempo a actividade dedicada a Francisco Fernández del Riego celebrouse no salón de actos da Casa do Concello, que estivo ateigado de público. A ruta prevista para hoxe farase o 25 de xullo

Lourenzá, 17 de maio de 2013. Como consecuencia do mal tempo a actividade dedicada a Francisco Fernández del Riego organizada polo Concello de Lourenzá para conmemorar o Día das Letras Galegas celebrouse no salón de actos da Casa do Concello, que estivo ateigado de público.

50 familias apuntáronse para participar na ruta literaria dedicada a Fernández del Riego que se vai desenvolver mañá. Se a chuvia impide facer o percorrido a actividade trasladarase ao salón de actos do Concello

Lourenzá, 16 de maio de 2013. Cincuenta familias apuntáronse para participar na ruta literaria dedicada a Francisco Fernández del Riego, actividade que se vai levar a cabo en Lourenzá mañá, venres, a partir das 11 da mañá, para conmemorar o Día das Letras Galegas. En caso de que a chuvia impida facer o percorrido a actividade trasladarse ao salón de actos da Casa do Concello.

O Concello pechou o ano pasado cun remanente positivo duns 150.000 euros, dato que a Alcaldesa considera unha boa nova para o municipio

Lourenzá, 10 de maio de 2013. Na reunión da Comisión de Contas do Concello de Lourenzá celebrada hoxe aprobouse a liquidación económica do pasado ano 2012, que se pechou cun remanente positivo duns 150.000 euros. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, destacou que isto demostra que están dando resultado os axustes aplicados polo actual goberno local e polo anterior, que presidía Vidal Martínez-Sierra.

O Concello conmemora o Día das Letras Galegas cun roteiro de 2,7 quilómetros polos lugares do municipio destacados na vida de Francisco Fernández del Riego

Lourenzá, 9 de abril de 2013. O Concello de Lourenzá conmemorará o Día das Letras Galegas o vindeiro 17 deste mes cun roteiro de 2,7 quilómetros polos lugares do municipio que foron destacados na vida de Francisco Fernández del Riego. Para esta actividade editouse unha guía e os interesados en conseguila deben inscribirse na biblioteca municipal en horario de cinco a oito da tarde ata o mércores día 15.

Co arranxo dun muro en pedra na área recreativa da Fonte do Cura remataron as obras programadas no concello de Lourenzá para ser executadas polos alumnos do obradoiro de emprego

Co arranxo dun muro en pedra na área recreativa da Fonte do Cura, que está na parroquia de Santo Tomé, remataron as obras programadas no concello de Lourenzá para ser executadas polos alumnos do obradoiro de emprego que este Concello comparte con Barreiros e Mondoñedo. Esta actuación foi supervisada polo concelleiro de Obras, Dino Vidal.

A Alcaldesa pechou coa Xunta e coa Fundación Penzol o calendario de actividades para conmemorar este ano o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego. Os actos desevolveranse os días 17 de maio, 25 de xullo, 2 e 26 de novembro

Lourenzá, 26 de abril de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, reuniuse co secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo Suárez, para pechar o calendario de actividades que se desenvolverán no municipio este ano para conmemorar o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego. Os actos, nos que tamén colabora a Fundación Penzol, serán os días 17 de maio, 25 de xullo, 2 e 26 de novembro.

Distribuir contido