Novas

Novas do Concello

O PLENO ORDINARIO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL ADIANTASE AO XOVES 14 POR SER FESTIVO O DÍA SEGUINTE

Lourenzá, 11 de agosto de 2014. O pleno ordinario da corporación municipal de Lourenzá correspondente a este mes de agosto celebrarase o xoves día 14 ás 12:30 horas. A portavoz do goberno local, Lupe Flórez Seivane, explicou que esta sesión “tería que celebrarse o venres, pero xa que é día festivo os tres grupos que compoñemos a corporación acordamos celebralo o día inmediatamente anterior”.

O FUTURO!!!. OS EQUIPOS INFANTIL E CADETE, PRESENTADOS!!!

No día de onte presentáronse os equipos de futbol Infantil e Cadete que competirán esta tempada baixo as siglas das E.D. Lourenzá Mondoñedo en Liga Provincial.

Tamén coñecimos ós que serán os seus adestradores. Michael Sante adestrará ó equipo de fútbol Infantil mentres que Brenan Rivas farase cargo do equipo cadete, que causa alta na liga despois de varias campañas nos que na categoría cadete só competíamos en fútbol sala.

OS VECIÑOS DE LOURENZÁ XA PODEN TRAMITAR NAS OFICINAS MUNICIPAIS CAMBIOS DE DOMICILIO NOS SEUS PERMISOS DE CONDUCIÓN E CIRCULACIÓN. A MEDIDA PÚXOSE EN MARCHA O LUNS E EVITA QUE OS LAURENTINOS TEÑAN QUE DESPRAZARSE A LUGO PARA ESTE TIPO DE XESTIÓNS

Lourenzá, 6 de agosto de 2014. Os veciños de Lourenzá xa poden tramitar nas oficinas municipais os cambios de domicilio nos seus permisos de condución e circulación, evitando así ter que desprazarse a Lugo. A medida foi posta en marcha polo Concello o pasado luns, día 4 de agosto, despois de firmar un protocolo de adhesión a un convenio entre a Federación Española de Municipios e Provincias e a Dirección General de Tráfico.

PRESENTACIÓN DE FÚTBOL INFANTIL, CADETE E XUVENIL.

O vindeiro xoves día 7 de Agosto ás 20:00 horas en Sta. Cruz están convocados para facer a presentación oficial de campaña os xogadores das Escolas de idade infantil, cadete e xuvenil. Aquí coñecerán ós que serán os seus adestradores e delegados para esta vindeira temporada así como os horarios de adestramento.

Este ano aparece como nova alta o equipo de fútbol cadete, que competirá como o infantil e xuvenil na liga provincial.

MARTÍN PARDIÑAS SUPÉRASE NO DESAFÍO DE SOMIEDO MENTRES ANA VALLINES GANA A MILLA DE ARES

En dous frentes estivo representada a sección de atletismo das Escolas Deportivas.

Dunha banda Martín Pardiñas desprazabase a Asturias para participar en Somiedo dunha proba de gran dureza física e de montaña:

DESAFIOSOMIEDO, proba a cal aporta puntos de cualificación para "Ultra-Trail du Mont-Blanc" e conta cun percorrido de 46km e 5.000m de desnivel acumulado, coroando picos de máis de 2.000m de altitude

A ÁREA RECREATIVA DA CAZOLGA ACOLLEU UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA PARA CELEBRAR O PECHE DO CURSO NO PAI MENIÑOS, DE LOURENZÁ

Lourenzá, 1 de agosto de 2014. O Concello puxo onte o punto e final ao curso do Punto de Atención á Infancia (PAI) Meniños, de Lourenzá. Fíxoo celebrando unha xornada de convivencia cos nenos que formaron parte deste centro educativo no curso 2013/2014. Os cativos de 0 a 3 anos, acompañados por familiares e as coidadoras, puideron gozar dunha tarde repleta de actividades na área recreativa da Cazolga.

O CONCELLO PRESENTOU HOXE A XVIII EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA FESTA DA FABA CUN PREMIO DE 500 EUROS PARA O GAÑADOR. OS INTERESADOS PODEN ENTREGAR ATA O 22 DE SETEMBRO OS SEUS TRABALLOS

Lourenzá, 31 de xullo de 2014. O Concello de Lourenzá presentou hoxe a súa XVIII edición do Concurso de Fotografía Festa da Faba para este ano 2014. Os traballos poderán presentarse, por correo ou en persoa, nas oficinas municipais ata o día 22 de setembro. As fotografías deberán basearse na temática Terras da Faba e o gañador recibirá un premio de 500 euros. No acto de presentación estiveron a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez; o concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Reigosa, e a concelleira de Cultura e Turismo, Lupe Flórez.

REMATOU A PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES LÚDICAS DE VERÁN ORGANIZADA POLO CONCELLO PARA OS MÁIS PEQUENOS, PERO CONTINUARÁ NO VINDEIRO MES DE AGOSTO PARA OS RAPACES MAIORES DE DEZ ANOS

Lourenzá, 31 de xullo de 2014. O Concello de Lourenzá puxo onte punto e final a súa programación lúdica dirixida a nenos de entre 4 e 9 anos. Así o anunciou a súa concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez Seivane, quen recordou que a partir de agora e durante todo o vindeiro mes de agosto, continuarán as actividades deportivas enfocadas a rapaces maiores de 10 anos.

Distribuir contido