Novas
ESCOLARES DE PRIMARIA RECIBIRON MARCAPÁXINAS E CARTEIS ELABORADOS COS DEBUXOS SELECCIONADOS NO CONCURSO A PROL DA LINGUA GALEGA ORGANIZADO POLA MANCOMUNIDADE DA MARIÑA. A AUTORA DO DEBUXO ELIXIDO EN LOURENZÁ FOI UNHA NENA DE 6 ANOS
Lourenzá, 28 de outubro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao; o responsable de actividades do Concello, David Caballero; e a técnico de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa, Mari Luz Pérez, entregaron a escolares de Primaria do municipio marcapáxinas e carteis elaborados cos debuxos seleccionados no concurso a prol da lingua galega.
A XUNTA COLABORA CON VARIOS CONCELLOS NA XESTIÓN DOS CENTROS DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN DE VEHÍCULOS DE TRANSPORTE NO SECTOR GANDEIRO
A Consellería financiará parcialmente o custo da xestión destes centros, a achega total será de 60.000 euros
EMPEZOU O X CURSO DO TALLER DE MEMORIA CON 48 ALUMNOS DE IDADES ENTRE 63 E 87 ANOS. REALIZARÁN DIVERSAS ACTIVIDADES, ENTRE ELAS UNHA EXCURSIÓN A UN BALNEARIO O 19 DE NOVEMBRO, NA QUE PODERÁN PARTICIPAR TODOS OS VECIÑOS DO CONCELLO MAIORES DE SESENTA ANOS
Lourenzá, 24 de outubro de 2013. Esta semana empezou o décimo curso do taller de memoria do Concello de Lourenzá, que conta con 48 alumnos de idades comprendidas entre 63 e 87 anos. Realizarán diversas actividades ao longo dos vindeiros meses, entre elas unha excursión a un balneario o 19 de novembro, na que poderán participar todo os veciños do concello maiores de 60 anos e o prazo de inscrición xa está aberto.
NA IV EDICIÓN DA POPULAR DO CORGO DISPUTADA ESTE PASADO DOMINGO 20 OS RAPACES DAS ESCOLAS VOLVERON A SER PROTAGONISTAS
Na carreira onde se reunía a élite provincial, na categoría alevín feminina, impoñíase Ana Vallines (6:50) seguida moi de preto pola súa compañeira Ainara Rguez(6:53), demostrando ambas estar nun momento de forma asombroso. Ademáis, Iria Rguez. subía ó caixón como 2ª clasificada en prebenxamíns e Fernando Vallines alcanzaba o terceiro posto en benxamín masculino.
O CONCELLO DE LOURENZÁ OFRÉCESE A TRAMITAR AS ALEGACIÓNS DOS VECIÑOS Á DELIMITACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO AO SEU PASO POLO MUNICIPIO
O Concello de Lourenzá ofrécese a tramitar as alegacións dos veciños á delimitación do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio, que está en período de exposición ao público. Este asunto abordouse na charla celebrada na tarde noite de onte na Casa do Concello, acto que suscitou moito interese e congregou a numeroso público. Así o destacou hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.
O CONCELLO DE LOURENZÁ LEVOU PARA UN LOCAL MUNICIPAL UN CAN QUE APARECEU PERDIDO NAS RÚAS
O Concello de Lourenzá levou para un local municipal un can que apareceu perdido nas rúas e buscan ao seu dono ou a unha persoa que queira adoptalo. Anunciouno a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.
O SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO ACOLLERÁ MAÑÁ, MÉRCORES, ÁS 20:30 HORAS UNHA CHARLA SOBRE PREVENCIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE DOS MAIORES
Lourenzá, 22 de outubro de 2013. O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá mañá, mércores, ás oito e media da tarde unha charla sobre prevención e mellora da seguridade dos maiores.
A ALCALDESA ANIMA AOS VECIÑOS A ASISTIR Á CHARLA INFORMATIVA SOBRE O TRAZADO DO CAMIÑO DE SANTIAGO AO SEU PASO POLO MUNICIPIO, PORQUE DESA XUNTANZA SAIRÁN AS ALEGACIÓNS QUE PRESENTARÁ O CONCELLO. SERÁ MAÑÁ, MARTES, ÁS OITO DA TARDE
Lourenzá, 21 de outubro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, anima aos veciños a asistir á charla informativa sobre o trazado do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio, porque desa xuntanza sairán as alegacións á delimitación que presentará o Concello. Será mañá, martes, ás oito da tarde e participará o subdirector xeral de Patrimonio, da Xunta de Galicia.
CEA-BAILE DO PRESENTE E PASADO DO FÚTBOL DO LOURENZÁ
Con motivo da celebración do décimo aniversario da nova era do equipo de fútbol sénior das ED. Lourenzá, algúns dos xogadores máis veteranos organizan unha cea-baile coa que pretenden xuntar vellas glorias do equipo dos 80 con xogadores desta última década, afeccionados, rapaces das categorías inferiores e calquera persoa que teña ganas de pasar unha boa noite nun ambiente agradable. A cea terá lugar no recinto feiral de Lourenzá o vindeiro sábado 16 de novembro a partires das 21.30 horas, e as entradas pódense mercar en calquera dos bares da vila ata o día 10 de novembro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 121
- 122
- 123
- 124
- 125
- 126
- 127
- 128
- 129
- …
- seguinte ›
- última »