O SISTEMA PARA ESCORRENTAR AS POMBAS DA FACHADA DA IGREXA DE SANTA MARÍA DE VALDEFLORES SERÁ RETIRADO POLA SÚA ESCASA EFECTIVIDADE. CONCELLO E DIOCESE ACORDARON COLOCAR PÚAS, PARA O QUE XA SOLICITARON PERMISO A PATRIMONIO
Lourenzá, 14 de novembro de 2013. O sistema para escorrentar as pombas instalado na igrexa de Santa María de Valdeflores, no conxunto histórico do mosteiro de San Salvador, será retirado pola súa escasa efectividade. O Concello de Lourenzá e a Diocese Mondoñedo-Ferrol tomaron esa decisión e tamén a de colocar púas nalgunhas zonas da fachada do edificio, para o que xa solicitaron permiso a Patrimonio.