Novas

Novas do Concello

Pablo López Gallo, "Castrín", primeiro canteirán formado nas Escolas Lourenzá que é chamado pola Selección Española de Fútbol sub 17!! Noraboa!!!

Pablo López Gallo, "Castrín" acaba de ser citado pola Federación Española de Fútbol para os entrenamentos da Selección Nacional Sub 17 que terán lugar nas Rozas do 28 ó 30 do presente mes.

Pablo, natural de Riotorto milita agora no Lugo xuvenil. Deu os seus primeiros comenzos no mundo do fútbol e fútbol sala nas nosas Escoslas ó igual que o seu irmán Andrés, militando nos equipos benxamín e alevín de fútbol sala e fútbol 8; e xogando diversos torneos tamén en categoría infantil e cadete.

A ALCADESA INAUGUROU O CURSO DE CESTERÍA DE RECICLAXE PARA ADULTOS, NO QUE HAI 11 PARTICIPANTES

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, inaugurou o curso de cestería de reciclaxe para adultos, que empezou onte con 11 participantes.

A rexedora explicou que “terá lugar todos os luns de catro a sete e media da tarde na Casa da Xuventude e prolongaranse ata o 19 de decembro. Nesta primeira clase os asistentes comezaron por aprender as técnicas básicas para elaborar un cesto a partires de follas de periódico e revistas. É incrible ver como dun simple periódico pode saír un cesto para a roupa ou incluso un lapiseiro”.

Ainara e Iria Rguez. seguen a facer historia. Novo triunfo sen contemplacións na prestixiosa Popular de Negreira!!!

Ainara Rguez. suma unha nova victoria de postín no seu dilatado currículum, esta vez na prestixiosa popular de Negreira. Ainara completaba o percorrido de 3,800 con un tempo de 15 minutos e 44 segundos, a un ritmo de 4,09 o kilómetro. Además, entraba por diante tamén de todas as atletas de edade xuvenil.

Pola sua parte, súa irmá Iria Rguez. lograba o título na categoría alevín completando un percorrido de 1000 metros en 4,12.

Menudo fin de semana nos acaban de regalar as balas das Escolas.

Ian Méndez fai doblete no fin de semana cun novo título en Ferrol na Popular Contra o Cancro. Subcampionatos ademáis para Henar Méndez e Iria Otero

Ian Méndez conquistaba no día de hoxe a Carreira contra o cancro corre por Ferrol, e facía asemesmo doblete no fin de semana. Gañaba a categoría alevín masculina con un tempo de 2.43.

Na categoría benxamín subcampionato para súa irmá Henar con un tempo de 2:07 a só 4 segundos da atleta Alba Pena(Atletismo Narón). Ademáis, Iria Otero obtiña a 2ª posición na categoría infantil feminina.

As 4 carreiras de menores da prestixiosa Viesgo Nigth Race, para Lourenzá. Victoria das balas do Maderas Barcia Henar Méndez, Iago Longarela, Ian Méndez e Carmen García!!!

Dominio total e absoluto das balas do Maderas Barcia Lourenzá nas 4 categorías de menores establecidas pola organización onte sábado en Lugo.

Categoría Benxamín (4 a 7 anos) Feminina:

Triunfo para Henar Méndez.

Categoría Benxamín ( 4 a 7 anos) Masculina:

Victoria para Iago Longarela.

Categoría Alevín (8 a 11 anos) Feminina:

Título para Carmen García.

Distribuir contido