As Infantís Carme e Marta Alonso participaron na Carreira Solidara da Muller en A Coruña
E tamén o domingo, Carme e Marta Alonso Mourelle; do equipo infantil de atletismo do Maderas Barcia participaban na Carreira Solidaria da muller en A Coruña.
E tamén o domingo, Carme e Marta Alonso Mourelle; do equipo infantil de atletismo do Maderas Barcia participaban na Carreira Solidaria da muller en A Coruña.
Novo título para Ainara Rguez en Infantil Feminino e Subcampionato para Iria Rguez. que na matinal do domingo se desprazaban a Valdoviño para participar na súa V Milla Popular Concello de Valdoviño.
Triunfaba Ainara con un tempo en 1000 metros de 3,23; mentres Iria entraba no mesmo tempo que a vencedora como segunda clasificada con un tempo de 1,47 en 500 mts.
Gran organización na IV Popular de Taboada "entre pazos e carballos" o pasado sábado onde as nosas balas rendiron ó nivel que nos tenen acostumados:
Categoría A:
1.- Henar Méndez.
Categoría B Feminina:
2.- Carmen García.
Categoría B Masculina:
2.- Ian Méndez.
Categoría C Feminina:
Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase a Lourenzá do 20 a 23 deste mes. Deuno a coñecer a través dun bando a alcaldesa, Rocío López García.
A rexedora explica que a unidade móbil situarase no mercado comarcal gandeiro de Lourenzá desde o vindeiro martes, día 20, ata o venres 23. Os días 20, 21 e 22 estará en horario de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas e o día 23 atenderá só pola mañá.
Mañá, xoves, comeza o prazo para solicitar na Casa do Concello de Lourenzá o novo carné de fabeiro para os produtores que queiran vender nos mercados dominicais que empezarán o día 25 deste mes.
O Concello de Lourenzá realiza obras para mellora as instalacións do pavillón polideportivo municipal. Os traballos foron supervisados pola alcaldesa, Rocío López, e polo concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva.
Nesta nova temporada onde o equipo xuvenil adestrado por Diego Rego comenzará a liga en breve o equipo estará PATROCINADO por O REI DAS TARTAS, unha marca universal que aposta polo traballo que dende as Escolas Lourenzá e ó Mondoñedo Fc están a facer co traballo de fútbol base. En breve estrearemos a nova equipación!!!
O Rei das Tartas disputa no día de mañá sábado un novo amigable, este caso recibindo ó C.D. S. Ciprián ás 18:00 horas en Anfield Cruz!!!.
O Concello de Lourenzá colabora co CEIP Juan Rey para completar o banco de libros de texto e así permitir que todos os alumnos e alumnas do centro poidan ter acceso a eles de gratuitamente. Ademais axuda economicamente para as saídas culturais programadas polo colexio.
O Concello de Lourenzá solidarízase cos gandeiros galegos e pechou as oficinas municipais hoxe, martes, de 12 a 13 horas como sinal de apoio á manifestación en defensa do sector lácteo celebrada en Lugo.
Por terceira temporada consecutiva os equipos de fútbol infantil e cadete seguirán patrocinados por Talleres Cardi (infantil) e Excavaciones Ramsei (cadete). Ambas marcas seguirán un ano máis vinculadas ás Escolas Lourenzá e ó Mondoñedo Fc abanderando os seus equipos de fútbol de categorías base.
Ambos equipos disputan este vindeiro sábado día 3 de setembro partidos amigables.
Infantil: 16,30 - Xove Lago - Talleres Cardi.