FORMALIZADO O CONTRATO DE OBRAS PARA A MELLORA E MANTEMENTO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIONS AGRARIAS NO CONCELLO DE LOURENZÁ
Con data 20/07/16 formalizouse o contrato de obras entre o Concello de Lourenzá e D.
Con data 20/07/16 formalizouse o contrato de obras entre o Concello de Lourenzá e D.
Lourenzá, 6 de outubro de 2016. O uso da pista de pádel do Concello de Lourenzá comezará a estar regulado a partir do vindeiro luns, día 10, polo que para utilizala haberá que facer a reserva nas oficinas municipais e pagar unha taxa de 4 euros por unha hora e media.
O curso 2016-2017 do taller de memoria que organiza a Concellería de Servizos Sociais comezará o vindeiro luns, día 10, cunha charla sobre reciclaxe de residuos.
XXVI FESTA DA FABA
Bos días a todos e a todas…..
Benvida Presidente, Deputados proviciais, alcaldes e alcaldesas, concelleiros…e demais autoridades.....e sobre todo veciños e veciñas de Lourenzá.
Quero comezar dando as gracias ao señor presidente da Deputación de Lugo, pola colaboración e a chega económica que tivemos este ano para a realización desta festa.
Henar e Ian Méndez triunfan na prestixiosa Milla de Marín!!!
O pasado sábado Henar e Ian participaban na prestixiosa Milla de Marín en Pontevedra, que coincidía co Cto. de España para categorías absolutas.
Henar en benxamín feminino alcanzaba o Subcampionato con un tempo de 3,58 sobre a distancia de 1000 metros.
Case por pechada a plantilla do equipo benxamín de fútbol 8 e fútbol sala para esta nova temporada 2016 2017. O pasado venres disfrutaron xa do seu primeiro adestramento coa mira nas ligas de fútbol e fútbol sala onde competirán os xogadores baixo a unión das Escolas Lourenzá e o Mondoñedo Fc.
Moita sorte nesta nova temporada!!!
Nun acto onde estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, o Concelleiro de Deportes D. Fco. Dasilva e o presidente do clube D. Pablo Maseda presentáronse os máis cativos das Escolas Lourenzá. Estiveron tamén presentes os adestradores Diego Rego e Michael Sante. O equipo adestrará os martes e xoves de 16,20 a 18,00 horas. Todos aqueles xogadores do 2090,2010,2011 e 2012 que querades incorporarvos ó plantel debedes comunicalo á maior brevedade posible posto que as prazas son limitadas. Moita sorte!!!
Nun acto onde estivo presente a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, o Concelleiro de Deportes D. Fco. Dasilva e a adestradora da sección de Patinaxe Dª. Tania Irimia presentaronse as alumnas desta sección que medra de ano en ano.
O equipo adestrará os sábados. Todos os alumn@s que querades incorporarvos ó plantel deste ano debedes comunicalo á maior brevedade posible posto que as prazas son limitadas. Moita sorte!!!
O Campo dos Bolos acollerá a primeira feira de automoción e vehículos agrícolas organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) durante a Festa da Faba, que se celebrará este vindeiro fin de semana. Tamén haberá concentración de motos e coches clásicos.
A feira de produtos ecolóxicos certificados, que contará con 20 empresas participantes, é unha das novidades da XXVI Festa da Faba de Lourenzá. O evento, que empezará o 30 de setembro, rematará o 2 de outubro, domingo, ás 18:30 horas cun encontro folclórico organizado pola asociación cultural Osorio Gutiérrez.