Novas

Novas do Concello

A CASA DA XUVENTUDE ACOLLERÁ UN CURSO DE CESTERÍA DE RECICLAXE PARA ADULTOS. A INSCRICIÓN É GRATUÍTA E O PRAZO REMATA ESTE VENRES 11

A Casa da Xuventude de Lourenzá acollerá un curso de cestería de reciclaxe. Esta actividade, que está destinada a persoas adultas, desenvolverase os luns de catro a sete e media da tarde desde o día 14 deste mes de novembro ata o 19 de decembro. A inscrición e gratuíta e o prazo remata este venres, día 11.

Os interesados en participar deben apuntarse nas oficinas da Casa do Concello de Lourenzá ou chamando ao teléfono 982.12.10.06. Para que se celebre o curso é necesario que haxa un mínimo de once persoas inscritas.

COMEZOU O SEGUNDO CAMPIONATO DE PARCHÍS PARA ADULTOS ORGANIZADO POLA CONCELLERÍA DE CULTURA, QUE CONTA CON 8 PARELLAS PARTICIPANTES

A segunda edición do campionato de parchís para adultos organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá, que conta coa participación de oito parellas, acaba de comezar. As partidas dispútanse todos os xoves a partir das cinco da tarde na biblioteca municipal.

A alcaldesa, Rocío López, manifestou hoxe que está “agradecida pola boa acollida que teñen actividades deste tipo, como alternativa ao tempo libre dos veciños e veciñas”.

O Mellor Gol da Xornada onte no En Xogo Goles

Por primeira vez un gol de segunda autonómica fixo historia no En Xogo Goles. O gol de Iván Recalde no minuto 95 de partido diante do líder Pontenova que supoñía o 1-1, foi elexido no día de onte no programa da tvg " en xogo goles " como o mellor gol da Xornada.

Ademáis, o gol que circula nas redes sociais publicado polas Escolas Deportivas; foi visto por máis de 3000 persoas no día de onte.

9 TÍTULOS, 6 SUBCAMPIONATOS E 4 BRONCES PARA O MADERAS BARCIA LOURENZÁ NA ESPECTACULAR I CARREIRA AO SON DO MASMA!!!

Categoría Reos (benxamín):

Masculino: 1º- Carlos Docampo. 4º Iago Longarela, 5º Pablo Reigosa, 8º Xabi Sordo

Feminino: 1ª - Henar Méndez. 2ª Sheila López. 3ª Andrea García. 4ª Emma García.

Categoría Anguías(alevín):

Masculino: 1º- Ian Méndez, 3º Aarón Millares. Ademáis 4º Brais Díaz.

Feminino: 1ª - Iria Rguez., 2ª Carmen García, 3ª Diana Lastra. Ademáis Noa Valiña(4ª) e Aroa Glez.(5ª).

ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO SERRA DA CADEIRA III REALIZAN TRABALLOS PARA A RESTAURACIÓN AMBIENTAL DAS CONCAS DOS RÍOS BAOS E BATÁN AO SEU PASO POLO MUNICIPIO. A ALCALDESA SUPERVISOU OS LABORES NA PARROQUIA DE SAN ADRIANO

Alumnos do obradoiro de emprego Serra da Cadeira III realizan traballos para a restauración ambiental das concas dos ríos Baos e Batán ao seu paso polo municipio de Lourenzá. A alcaldesa, Rocío López, supervisou os labores na parroquia de San Adriano, concretamente no lugar de Ríos.

Ánimo Pichi e Manu - Fútbol 2ª Autonómica

Enviamos a foto co que no día de onte lle dedicaban o triunfo o equipo de 2ª autonómica diante do Iberia por 3-2 a José Angel Bdez (Pichi) e Manu Rguez. Manu levaba varios meses lesionado e Pichi caía tamén a primeiros de mes diante do Candelaria e esta semana pasada coñecía que terá que pasar por quirófano por rotura de menisco e ligamento lateral externo.

Distribuir contido