Novas

Novas do Concello

O Angliru non se lle resiste a Ed Lourenzá Ciclismo!!!

Boa actuación do ED Lourenza Ciclismo na subida o angliru , ocupando Basanta Strava Ullrich un meritorio 12º posto da xeral e 4º na sua categoría Veterano A .

Jesus Garcia Muruais ocuparía o posto 28 da xeral e 17º na sua categoría senior.

Marcos Candia ocuparía o posto 73 da xeral e 44º na sua categoría.

 

 

MARISA ARES gana a subida a COMADO NOS 4,5 + MEDIA VERTICAL. Pódium tamén para Begoña Iglesias. Marcos Rguez. e Loli Piñeiro no pódium dos 21 kms. Trail!!!

Gran participación do clube de atletismo Lourenzá na "subida a Comado" con representación masculina e femenina tanto nos 21 km como nos 4,5 km+1/2km vertical.

Participación no 4,5 Km +1/2 vertical: RUBEN GARCIA, LUIS GRAÑA, MARISA ARES, BEGOÑA IGLESIAS, MOHAMED BOUYZAR, JOSE GAVIN E KARINA ALVAREZ.

Participación nos 21km: MARCOS RODRIGUEZ, PACHI SORDO e LOLI RODRIGUEZ.

E cas nosas rapazas conseguimos tres trofeos na carreira corta:

Val das Fabas Toxiza Clube de Montaña

Unha vez máis a manada dos lobos da Toxiza baixaron para atacar a unha das súas presas favoritas, os km. Foi unha tarde de deporte apaixoante con numeros nen@s e adultos percorrendo rúas e camiños de Lourenzá. O percorrido moi bonito tocando tramos de moita beleza e con unha "subidiña" que lle dá o toque de dureza que nos gusta que teñan as carreiras. Dar a noraboa as E.D Lourenzá pola organización e animalos a seguir nesta dirección. Todos os nosos corredores acadaron grandes resultados:

Verdina 6.500m:

Éxito total de participación na VI Val das Fabas 2015!!!

Con preto de 400 participantes inscritos a Val das Fabas 2015 batirá mañá records de participación. A VI edición non pasará desapercibida. A carreiras de menores arrancan ás 16:30 horas e ás 17:30 horas pistoletazo de saída para a Verdina(6,500) e a Galaica(13 kilómetros)

 

Ademáis, a proba contará cos 5 campións das edicións anteriores:

Todos os campións dos anos anteriores estarán na VI Val das Fabas 2015!!! Qué carreirón!!!

Cambio partido de Nacional a Lugo

Debido a que o pavillón de Lourenzá non está dispoñible pola instalación do parquet flotante o partido de Nacional trasládase a Lugo (anexo II) no mismo horario. 12,00 horas. (((Bueno, o parquet está pero terá que levar dúas mans de barniz polo que hai que esperar unha semana máis para poder xogar nel)

O encontro de autonómica de fútbol atrásase para as 18:00 horas do domingo, disputando o trofeo da faba.

A COOPERATIVA TERRAS DA MARIÑA ESTARÁ PRESENTE NA XXV FESTA DA FABA, QUE EMPEZA MAÑÁ E CELEBRARASE ATA O DOMINGO

A cooperativa Terras da Mariña estará presente na XXV Edición da Festa da Faba, que empeza mañá, venres, e celebrarase ata o domingo.

Os responsables da cooperativa explicaron que “todos aqueles que acudan á XXV Festa da Faba non poden deixar de pasar pola caseta de Terras da Mariña, onde se poderá obter todo tipo de información sobre a mesma, falar e intercambiar impresións e información de primeira man cos propios socios e produtores de Terras da Mariña”.

Distribuir contido