Unha estratosférica Iria Rguez. remata como 6ª mellor nacional mentres a súa Irmá Ainara facía un carreirón coa 17ª posición na categoría Infantil
O pasado domingo Iria e Ainara vivían unha gran experiencia participando por primeira vez no Cros Internacional de Atapuerca, en Burgos.
Iria Rguez. sorprendía a todos sendo a 6ª clasificada (1ª galega) nunha carreira de 800 metros no que invertía 3,33; a un ritmo de 4,26 promedio kilómetro.
Pola súa parte a archicoñecida Ainara Rguez., a pesar de arrastrar molestias nun pé, competía de forma sensacional no medio de máis de 250 participantes rematando no posto 17º con un tempo de 3,22.