Novas

Novas do Concello

As Escolas Lourenzá estaremos representadas no prestixioso CROS INTERNACIONAL DE ATAPUERCA(BURGOS). IRIA E AINARA RGUEZ., AS PROTAGONISTAS!!!

O vindeiro domingo estaremos pendentes e seguiremos a evolución de Ainara Rguez (Infantil) así como de súa irmá Iria(Benxamín) que competirán por primeira vez na súa historia e por primeira vez na historia das Escolas no prestixioso cros internacional de Atapuerca, en Burgos. Ambas percorrerán a distancia de 1000 metros e xunto a elas estará o mellor do panorama nacional das súas categorías. Moita sorte e a disfrutar!!!

 

Crónica Autonómica Basket Muebles Huertas Lourenzá

Bo partido o desta tarde,sobre todo,unha vez máis,en defensa. 34-54 cos parciais 13-15;3-14;9-12;9-13. As anotadoras foron Laura 6,Ainhoa 9,Maria 12,Marta 12,Andrea,Tania,Iria 2,Raquel,Claudia 2,Carla 11. Empezamos ben en ataque pero imprecisas en defensa,dando moitas segundos tiros,no segundo puxémonos as pilas e só anotaron 3 puntos,logo foi fácil manter a distancia e dar minutos a todas. Destacar as pivots con 12 puntos cada unha e sobre todo Carla,que é junior e saíuse,defendendo atacando e correndo,incluso un triplo ao final,como broche do partido.

Henar Méndez (Benxamín) e Ainara Rguez(Alevín) ganan a prestixiosa VIESGO NIGHT RACE en Lugo. Sheila López sube ó podium cun bronce en Benxamín Feminino!!!

Excelentes resultados colleitados polos atletas do Maderas Barcia Lourenzá na prestixiosa Viesgo Nignt Race o pasado sábado en Lugo diante de máis de 1000 participantes de todas as categorías.

Unha nutrida representación colaboraba nesta III Edición a favor do banco de alimentos de Lugo.

En benxamín feminino impoñíase Henar Méndez coa medalla de ouro mentres a súa compañeira Sheila López lograba un meritorio terceiro posto.

Toxiza Clube de Montaña (Maraton New York)

Certo é que as cidadades non son habitat natural do TCM, pero ta claro que nas grandes urbes tamen hai espazo para os grandes retos, cambiamos as altas cumbres polas ruas entre os grandes edificios, conquistamos a cidade dos rañaceos. Miguel Mendez representou este pasado domingo o Toxiza no maratón de Nova York donde participan por sorteo máis de 50.000 persoas

Distribuir contido