A ALCALDESA INFORMA DA APERTURA DO PRAZO PARA ACOLLERSE AO PROGRAMA DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS ATA O VINDEIRO 30 DE XANEIRO DE 2016
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, anuncia mediante un bando que dende onte, día 30 de novembro, está aberto o prazo para acollerse ás axudas do Programa de Rexeneración e Renovación Urbanas do Plan Estatal 2013/2016. A presentación das solicitudes debe realizarse nas Oficinas Municipais de Rehabilitación de Lourenzá de luns a venres en horario de 8 a 15 horas. A solicitude poderá facerse ata o vindeiro 30 de xaneiro.