A ALCALDESA LAMENTA O RETRASO DA XUNTA NO ARRANXO DE DÚAS PONTES, UNHA EN SAN ADRIANO E A OUTRA EN SANTO TOMÉ, QUE ESTÁN DERRUÍDAS DENDE AS RIADAS DE OUTUBRO DE 2014
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, lamenta o retraso da Xunta de Galicia no arranxo de dúas pontes que están derruídas dende as riadas que houbo en outubro de 2014. Unha é a de Gallardo, na parroquia de San Adriano, e a outra está no lugar de Combre, en Santo Tomé.