Novas

Novas do Concello

O CONCELLO OFERTA UN CURSO DE INICIACIÓN Á TAPIZARÍA ENTRE OS MESES DE FEBREIRO E MAIO. AS INSCRIPCIÓNS PODEN FACERSE XA NA OFICINA TÉCNICA MUNICIPAL DE EMPREGO

O Concello de Lourenzá, en colaboración co Centro de Artesanía e Deseño, organiza un curso de iniciación á tapizaría para os vindeiros meses. A actividade comezará o 23 de febreiro, luns, e terá unha duración de 60 horas. As clases impartiranse ata o 6 de maio, en horario de 19 a 22 horas, os luns e os mércores. O curso conta cun límite de dez prazas e a matrícula ten un custo de 30 euros por persoa.

OS SERVIZOS SOCIAIS DE LOURENZÁ TRAMITAN DENDE ESTA SEMANA AS PRESTACIÓNS ECONÓMICAS DA XUNTA DE GALICIA PARA O PAGAMENTO ÚNICO A FAMILIAS CON FILLOS MENORES DE 3 ANOS

O Concello de Lourenzá tramita dende esta semana as solicitudes de axudas da Consellería de Traballo e Benestar para poder acceder ás prestacións económicas de pagamento único para pais con fillas e fillos menores de 3 anos. O prazo de solicitude estará aberta ata o 14 de marzo. Os interesados poden recibir máis información ou facer os seus trámites nas oficinas dos Servizos Sociais Municipais de Lourenzá, situados no Torreón dos Frades.

O CONCELLO LAURENTINO TRABALLA XA NA MELLORA DE CANALIZACIÓNS NAS PARROQUIAS E CONFÍA EN PODER COMEZAR AS OBRAS REPARACIÓN DE ESTRADAS E ACCESOS MUNICIPAIS NOS VINDEIROS MESES, GRAZAS A DÚAS SUBVENCIÓNS PROCEDENTES DA XUNTA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL

O Concello de Lourenzá está a traballar estes días para mellorar o estado de canalización das cunetas nas súas parroquias, previndo así novas inundacións coma as que tiveron lugar o pasado mes de decembro no municipio. Estas obras contan cunha inversión municipal de 7.000 euros e súmanse ás que o Concello pretende levar a cabo nos vindeiros meses para mellorar o estado das súas estradas e accesos a camiños municipais.

CARMEN LÓPEZ DINIZ, 21ª CLASIFICADA NO CTO. GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS XUVENIL

Fenomenal actuación da atleta de primeiro ano xuvenil Carmen López Diniz no Cto. Galego de Campo a Través Xuvenil disputado o pasado domingo en Friol. Con un tempo de 19 minutos, entrou na posición 21ª sendo atleta de primeiro ano.

Ademáis, o día anterior (sábado) Carmen L. Diniz e Arabela Martínez subían ó podium na popular de Rábade ó rematar en 2ª e 3ª posición respectivamente na categoría xuvenil.

O SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL ACOLLERÁ O VINDEIRO MARTES UNHA CONFERENCIA PARA DAR A COÑECER O TRABALLO DAS FORZAS ARMADAS

A Concellería de Educación de Lourenzá ven de organizar unha conferencia para o vindeiro martes, 27 de xaneiro , en colaboración coa Delegación de Defensa de Lugo. A charla será impartida por persoal das Forzas Armadas Españolas e cumprirá un dobre obxectivo: informar aos veciños de Lourenzá sobre cales son as labores que as Forzas Armadas están a levar a cabo por todo o mundo e fomentar o acceso dos mozos laurentinos a este corpo, promovendo unha saída laboral para a xuventude do Concello.

CRONICA DE III TRAIL AFUEGA´L PITU (SUBIDA AL MONSACRO)

Onte domingo a expedición do clube de Atletismo Lourenzá formada por Martín Pardiñas, Rubén Méndez, Marcos Rguez., Marisa Ares e Loli Piñeiro desprazouse ata Foz de Morcín en Asturias, para participar no III Trail Afuega´l pitu (Subida al Monsacro). Esta dura proba contaba cunha distancia de 10km e 1.500m de desnivel.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA HOXE A LICITACIÓN DO SANEAMENTO NO NÚCLEO RURAL DE REQUEIXO

O Diario Oficial de Galicia de hoxe publica a RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario da licitación e anticipado de gasto, e polo procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, para a contratación non suxeita a regulación harmonizada da execución da obra pública hidráulica de clave OH.327.606, cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013: saneamento n

Distribuir contido