O SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO ALBERGARÁ O VINDEIRO MARTES UNHA CHARLA SOBRE RECICLAXE E PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE
O Concello de Lourenzá organiza para o vindeiro martes, 16 de decembro, unha charla sobre reciclaxe e protección do medio ambiente baixo o título Separemos ben, reciclaremos mellor. Non rompas o esforzo de todos. A actividade levarase a cabo ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello e contará coa presenza de técnicos de SOGAMA. Con esta iniciativa o Concello espera concienciar aos veciños sobre como reciclar correctamente cada produto de cara ao aumento de consumo que traen consigo as compras de Nadal.