Novas

Novas do Concello

A SECCIÓN DE ATLETISMO VOLVE A TRIUNFAR NO CTO. GALEGO CADETE COA PRATA DE NEREA BAJATIERRA EN PESO

O  Maderas Barcia ten unha nova subcampiona galega no seu equipo. O pasado sábado día 28 de febreiro acudían as componentes do equipo das Escolas con marca mínima para poder participar no Cto. Galego de Pista Cuberta en Riazor (A Coruña).

Con un lanzamento mellor de 9,22 Nerea Bajatierra proclamábase subcampiona galega de pista cuberta obtendo ademáis a súa mellor marca persoal.

Participaron, ademáis:

Xana Rguez. 

O CONCELLO ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE OS PERIGOS DE INTERNET. SERÁ O 24 DE FEBREIRO, ÁS OITO E MEDIA DA TARDE

O salón de actos da Casa do Concello acollerá este martes, 24 de febreiro, ás 20:30 horas unha charla informativa sobre os perigos de internet e como navegar seguros pola rede. Será pronunciada polo dinamizador TIC Javier Reigosa.

A rexedora anunciou que “dentro do ciclo de charlas que organiza o Concello todos os meses teremos unha conferencia ás oito e media da tarde no salón de actos da Casa do Concello. Leva por título Perigos de internet: “Navega segur@” e o poñente será Javier Reigosa, dinamizador TIC”.

OS ATLETAS DAS ESCOLAS VOLVEN A TRIUNFAR UNHA SEMANA DESPOIS NO CTO. GALEGO. SÁBADO 21 DE FEBREIRO

RESULTADOS

Infantil Feminino:

Fenomenal actuación de Ainara Rguez e Ana Vallines que lograron estar entre as 4 primeiras ata o desenlace da proba. Ainara, Bronce con un tempo de 9:22 a 7 segundos da cabeza; e Ana 4ª de Galicia a 9 segundos das primeiras.

Ademáis, o EQUIPO ALEVÍN MASCULINO deparou a sorpresa da xornada ó convertirse en SUBCAMPIÓN GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS coa gran clasificación dos seus compoñentes:

ÉXITO DA FESTA INFANTIL DE ENTROIDO QUE TIVO LUGAR O PASADO LUNS NO MERCADO GANDEIRO DE LOURENZÁ, ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CONDE SANTO COA COLABORACIÓN DO CONCELLO

Éxito da festa infantil de entroido que tivo lugar o pasado luns no mercado gandeiro de Lourenzá, organizado pola asociación Conde Santo coa colaboración do Concello. Moitos foron os nenos e nenas que acudiron a esta cita, nalgúns casos acompañados polos seus pais, que tamén aproveitaron para disfrazarse e para gozar dun día en familia.

Distribuir contido