XESÚS VÁZQUEZ ABAD VISITA A FORTALEZA DE TOVAR (LOURENZÁ) ONDE A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN INVESTIU 255.862 EUROS PARA A SÚA REHABILITACIÓN
Lourenzá (Lugo), 10 de xullo de 2013.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe a Fortaleza de Tovar, no Concello de Lourenzá, para comprobar o estado das obras de rehabilitación deste inmoble, onde a Consellería investiu 255.862 euros.