Novas

Novas do Concello

O PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL TRATARÁ UNHA MOCIÓN PARA ESTABLECER UNHA PARTIDA DE 200 EUROS ANUAIS DO CONCELLO DESTINADA Á SOCIEDADE HIJOS DE LORENZANA EN LA HABANA

Lourenzá, 8 de agosto de 2013. A corporación municipal de Lourenzá tratará no pleno que se celebrará o día 16 deste mes unha moción para aprobar o establecemento dunha partida anual de 200 euros do Concello destinada á sociedade Hijos de Lorenzana en La Habana. Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura e portavoz do goberno municipal, Lupe Flórez Seivane.

A ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ, ORGANIZOU ESTE DOMINGO DÍA 04 DE AGOSTO DE 2013 UNHA RUTA DENDE A PONTE DA ESPIÑEIRA ATA A AREA RECREATIVA DE A CAZOLGA

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, organizou este domingo día 04 de Agosto de 2013 unha Ruta dende a Ponte da Espiñeira ata a Area Recreativa de A Cazolga, unha ruta duns 12 km aproximadamente e de dificultade baixa. O día estivo perfecto para camiñar e a ruta permitiu aos sendeiristas desfrutar da natureza no seu estado máis puro xa que todo o percorrido transcorreu por unha fermosa paisaxe ao son do Río Masma.

A DIRECCIÓN XERAL DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE LOURENZÁ PROMOVE A CONSTITUCIÓN DUNHA COOPERATIVA DEDICADA Á COMERCIALIZACIÓN DA FABA

A Subdireción Xeral de Cooperativas e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar está a promover a constitución dunha cooperativa especializada na comercialización da faba amparada baixo a IXP Faba de Lourenzá e outros produtos de horta da Mariña lucense.

TERRAS DE LOURENZÁ REMATARÁ ESTE SEU PRIMEIRO ANO CUNHA ÚLTIMA ANDAINA, DESTA VEZ BOTARASE A ANDAR POLA SERRA DE MEIRA, PARA FACER A RUTA MIÑO-EO, O TRAMO PEDREGAL DE IRIMIA - A CAROTA

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá rematará este seu primeiro ano cunha última andaina, desta vez botarase a andar pola Serra de Meira, para facer a Ruta Miño-Eo, o tramo Pedregal de Irimia - A Carota podendo disfrutar dunha paisaxe incomparable e pasmosa. Será este mesmo domingo, día 22 de Decembro. Trátase dun paseo de 14 km e de dificultade media/alta.

A XUNTA CREARÁ UNHA RUTA DE SENDEIRISMO DE 20 QUILÓMETROS QUE PASARÁ POLOS PRINCIPAIS ATRACTIVOS DO MUNICIPIO. PARA EXECUTAR A OBRA O CONCELLO FIRMARÁ UN CONVENIO COA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, QUE INVESTIRÁ 60.218 EUROS

Lourenzá, 2 de agosto de 2013. O Concello de Lourenzá firmará un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, da Xunta de Galicia, para a creación dunha ruta de sendeirismo de 20 quilómetros que pasará polos principais atractivos do municipio. A obra será executada por ese departamento autonómico cun investimento de 60.218 euros.

OS NENOS E NENAS DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA MENIÑOS DESPEDIRON O CURSO ESCOLAR CUNHA FESTA NA ÁREA RECREATIVA DE A CAZOLGA

Enviamos foto dos nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia Meniños, de Lourenzá, que despediron o curso escolar cunha festa na área recreativa de A Cazolga. Xunto ás súas familias e as educadoras do centro, pasaron una divertida tarde de xogos e compartiron unha merenda para poñerlle punto final ao presente curso escolar e iniciar as vacacións de verán durante este mes de agosto. O centro educativo reabrirá o martes 3 de setembro, xa que o luns 2 de setembro é festivo local en Lourenzá.

Distribuir contido