OITO RÚAS DE VILANOVA ESTARÁN PECHADAS AO TRÁFICO DURANTE A FESTA DA FABA E OS FESTEXOS DE SAN MARCIAL E HABERÁ OUTROS CAMBIOS. FORON ANUNCIADOS POLA ALCALDESA A TRAVÉS DUN BANDO
Lourenzá, 30 de setembro de 2013. A celebración da Festa da Faba e dos festexos de San Marcial orixinará modificacións no tráfico de vehículos en Vilanova de Lourenzá entre as que destacan o peche de oito rúas. Eses cambios foron anunciados pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao, a través dun bando.
A rúa Paseo de Oya xa estará cortada dende mañá, martes, día 1 de outubro, ás 13 horas e a Praza César Chavaría permanecerá pechada dende as 15 horas do mércores, 2 de outubro.