Listado de Gañadores do "Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2013 - A toda máquina"
CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO “LETRAS GALEGAS 2013” – A toda máquina
-
Convocatoria local: Biblioteca de Lourenzá
LISTADO DE GAÑADORES
* NARRACIÓN :
CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO “LETRAS GALEGAS 2013” – A toda máquina
Convocatoria local: Biblioteca de Lourenzá
LISTADO DE GAÑADORES
* NARRACIÓN :
Lourenzá, 17 de maio de 2013. Como consecuencia do mal tempo a actividade dedicada a Francisco Fernández del Riego organizada polo Concello de Lourenzá para conmemorar o Día das Letras Galegas celebrouse no salón de actos da Casa do Concello, que estivo ateigado de público.
Lourenzá, 16 de maio de 2013. Cincuenta familias apuntáronse para participar na ruta literaria dedicada a Francisco Fernández del Riego, actividade que se vai levar a cabo en Lourenzá mañá, venres, a partir das 11 da mañá, para conmemorar o Día das Letras Galegas. En caso de que a chuvia impida facer o percorrido a actividade trasladarse ao salón de actos da Casa do Concello.
Lourenzá, 15 de maio de 2013. A corporación municipal de Lourenzá celebrará pleno o vindeiro luns, día 20 ás doce e media do mediodía con 13 puntos na orden do día. Entre eles figuran as ordenanzas para regular o uso de espazos e vías públicas de titularidade municipal.
Lourenzá, 10 de maio de 2013. Na reunión da Comisión de Contas do Concello de Lourenzá celebrada hoxe aprobouse a liquidación económica do pasado ano 2012, que se pechou cun remanente positivo duns 150.000 euros. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, destacou que isto demostra que están dando resultado os axustes aplicados polo actual goberno local e polo anterior, que presidía Vidal Martínez-Sierra.
Lourenzá, 9 de abril de 2013. O Concello de Lourenzá conmemorará o Día das Letras Galegas o vindeiro 17 deste mes cun roteiro de 2,7 quilómetros polos lugares do municipio que foron destacados na vida de Francisco Fernández del Riego. Para esta actividade editouse unha guía e os interesados en conseguila deben inscribirse na biblioteca municipal en horario de cinco a oito da tarde ata o mércores día 15.
Lourenzá, 8 de maio de 2013. O Concello de Lourenzá asinou coa empresa Copcisa o contrato para a construción do museo e centro de interpretación no Pazo de Tovar, obra que debe estar rematada o 14 de xullo deste ano.
Co arranxo dun muro en pedra na área recreativa da Fonte do Cura, que está na parroquia de Santo Tomé, remataron as obras programadas no concello de Lourenzá para ser executadas polos alumnos do obradoiro de emprego que este Concello comparte con Barreiros e Mondoñedo. Esta actuación foi supervisada polo concelleiro de Obras, Dino Vidal.
A Festa do Maio de Lourenzá tivo que celebrarse nas dependencias da Casa do Concello (vestíbulo, sala de exposicións e salón de actos) debido ás adversas condicións meteorolóxicas que houbo onte.
Lourenzá, 29 de abril de 2013. O Concello de Lourenzá organiza a tradicional Festa do Maio co desfile polas rúas de Vilanova e a actuación da escola municipal de música e danza Osorio Gutiérrez, que se celebrará este mércores, día 1.