A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN INCOA O EXPEDIENTE DE DELIMITACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO NORTE, RUTA DA COSTA
Santiago, 4 de setembro de 2013.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a incoación do expediente para a delimitación do Camiño de Santiago Norte, Ruta da Costa, ao seu paso por Galicia. O obxectivo desta medida é garantir a mellor protección dos lugares, edificios e paraxes polos que discorre esta ruta xacobea.